6 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN PSdeG-PSOE CUNTIS

 


Home / AGRUPACIÓN SOCIALISTA / / Fátima Monteagudo e Carmen Cajide reúnen

Fátima Monteagudo e Carmen Cajide reúnense co delegado do Goberno en Galicia

Agrupación e Grupo Municipal Socialista, despois de facer balance, presentan as demandas ao Delegado do Goberno en Galicia

 

17/07/2009

 

Agrupación e Grupo Municipal Socialista, despois de facer balance, presentan as demandas ao Delegado do Goberno en Galicia.  Fátima Monteagudo e Carmen Cajide foron recibidas por Antón Louro na sede da Delegación o martes 14 de xullo, para abordar temas de suma importancia para o desenvolvemento do pobo de Cuntis, en especial relacionados co medio ambiente e a estrada N-640.
Respecto ao medio ambiente, foi presentado un proxecto de biodiversidade do Monumento de Maráns, un espazo situado no lugar de Cardecide e que é utilizado habitualmente por veciños/as e visitantes como zona de ocio,  tanto polo seu estratéxico enclave como pola importante obra de Asorei “Monumento do Sagrado Corazón de Jesús”. A alcaldesa, Fátima Monteagudo, presentará o proxecto ao “Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino”, cun custe estimado en máis de 100.000 euros, e que repercutiría na mellora ambiental do entorno e na adecuación do espazo natural  e o uso público que agora se realiza nel.
No que afecta á N-640, Antón Louro foi informado sobre o estado actual e a cesión de antigos tramos ao seu paso polo casco urbano de Cuntis. A Alcaldesa transmitiulle ao delegado a disposición do Concello a recibir a titularidade destes tramos, algúns dos cales se atopan nun estado lamentable, pero antes a “Demarcación de Carreteras del Estado” deberá encararse da súa total adecuación. En relación a esta mesma vía, Monteagudo explicou ao delegado do Goberno a necesidade de acondicionar as isletas situadas á entrada da vila así como de instalar en esta zona dispositivos que ralenticen a marcha dos vehículos (como bandas rugosas) para mellorar a seguridade de peóns. En materia de seguridade, Louro tamén foi informado da inquietude da veciñanza de Cuntis ante a perigosidade viaria que supón o actual cruce da N-640 coa estrada provincial a Santiago de Compostela, para a que propoñen a construción dunha rotonda.
Outra das demandas ralizadas pola Alcaldesa e Secretaria Xeral ao delegado do Goberno en Galicia na reunión, foi a nula sinalización que hai da vila de Cuntis na nova variante de Caldas, recentemente aberta. Polo cal solicitaron a Antón Louro que se solucione da forma más adecuada este inconveniente, tanto para visitantes como para veciños e veciñas de Cuntis.

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE CUNTIS, Rua Cardecide, nº 3 - 36678 - Cuntis (Pontevedra)
E-mail: cuntis@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera