6 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN PSdeG-PSOE CUNTIS

 


Home / GRUPO MUNICIPAL / UN / O goberno local quere acercarse esta lex

UN

O goberno local quere acercarse esta lexislatura ao 100% do saneamento.

10/12/2008

 

O goberno local de Cuntis márcase como obxectivo achegarse, ao final desta lexislatura, ao cento por cento do territorio municipal saneado. A rede de sumidoiros converteuse desde o inicio deste mandato nunha das prioridades do Concello e, de feito, no último ano investiuse máis dun millón de euros na instalación de redes de sumidoiros en núcleos de poboación e estacións depuradoras.
As próximas actuacións que se proxectan supoñen un desembolso de 200.000 euros por parte da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e benefician a Cequeril e ao lugar de Ou Caeiro, en Arcos de Furcos, onde se cambiará a depuradora e mellorarase a rede de saneamento, que presenta algúns problemas xa que a EDAR está moi preto das vivendas.

"Cando remate esta lexislatura queremos ter vos deberes feitos e achegarnos ao cen por cen do territorio saneado", indicaban onte o concelleiro de Obras, Manuel Campos, e a alcaldesa de Cuntis, Fátima Monteagudo. Explicaron que, para lograr este obxectivo, unicamente faltan unha parroquia por iniciar a rede de sumidoiros: a de Couselo, para a que xa está redactado un proxecto cuxo orzamento ascende a máis dun millón de euros. Outra das zonas nas que está previsto actuar é o lugar de Mesego e Zo, onde a instalación da rede de sumidoiros está valorada en 600.000 euros. "O Concello por si só non pode financiar lestes proxectos, polo que estamos a buscar financiamento externo", comenta Campos Velay.

á marxe destas áreas Couselo e Mesego, só cinco núcleos de poboación carecen actualmente de rede de sumidoiros. Trátase de Teaño e Vilameán (en Estacas), Sobrada e San Ildefonso (en Troáns) e Ducio (en Arcos). O saneamento está iniciado, pero pendente de rematar nos lugares da Torre (parroquia de Estacas), Bragaña e Portela, onde as obras finalizarán no ano 2009 coa colocación das correspondentes estacións depuradoras de residuais.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE CUNTIS, Rua Cardecide, nº 3 - 36678 - Cuntis (Pontevedra)
E-mail: cuntis@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera